menú
cambio de titular

cambio de titular

dende aquí podes cubrir (se tes Adobe Reader) e imprimir o contrato necesario para realizar un cambio de titular.
non esquezas cubrir os seguintes campos porque son imprescindibles:

  • nome do cedente e do cesionario cos seus respectivos NIF, así como o resto de datos necesarios e os enderezos respectivos
  • no caso de empresas, copia das escrituras onde figuran os representantes das compañías, cos seus respectivos NIF
  • número de conta ao que temos que facturar os produtos e/ou servizos
  • produtos e/ou servizos que se ceden
  • dirección dos servizos que se ceden

lembra que se tes un móbil financiado con R, é posible que se pasen ao cobro todas as cotas pendentes. 

Non é posible ceder as cotas financiadas dun terminal ao novo titular ao que cedes os servizos de R.

unha vez cumprimentado, debes enviar unha copia firmada polo cedente e cesionario* adxuntando tamén unha copia do dni de ambos os dous. Se o titular da conta corrente é distinto do cedente ou do cesionario, debes mandar tamén unha copia do seu DNI. A documentación pódese remitir por cualquera das seguintes vías:

  • por correo postal ao Apartado de correos 2096, CP 15080, A Coruña. Neste caso é importante que o imprimas a dobre cara
  • ao fax 900 825 582
  • ao correo electrónico docu-r@mundo-r.net

*no caso dunha defunción, o futuro titular só deberá asinar na parte do cesionario e achegar certificado de defunción



calquera sistema operativo
nome: cesion-contrato-gl.pdf
tamaño: 222,03 Kb
descargado: 7858 veces
 descargar o formulario de cambio de titular no servizo de R