menú
dereito exclusión

dereito exclusión

petición dun cliente para que a empresa cese no envío dos seus datos personais ás guías telefónicas e a os servizos de información sobre números de abonados ou ben que manteña o envío de datos pero que elimine algunha das liñas telefónicas que foron enviadas
cobre o seguinte formulario, adxunta unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio de representante legal é necesario aportar copia do DNI do representante, así como do documento que recolla a representación) e envíasnolo por calquera dos seguintes medios:
ao fax 900 825 582
ao correo electrónico R-al-habla@mundo-r.net
ao apartado de correos 2096 15080 A Coruña

Prazos:
a.
Unha vez que recibamos a túa petición, e sempre que esta sexa válida, realizaremos os cambios solicitados no prazo máximo de 10 días.
b. Ten en conta que as actualizacións de datos nos servizos de información sobre números de subscritores e nas guías electrónicas se realizan con carácter aproximadamente mensual e sempre en función do calendario publicado pola Comisión Nacional do Mercado de Telecomunicacións. Ademais debes saber que dende que R envía a actulización dos datos, as empresas que xestionan os devanditos servizos contan cun prazo de ata 10 días para actulizar as súas propias bases.
c. Ten en conta que as actualizacións de datos nas guías telefónicas provinciais só se realizan con carácter anual.



calquer sistema operativo
nome: dereito_exclusion.pdf
require: Adobe Acrobat Reader
tamaño: 27,02 Kb
descargado: 178 veces
 descargar el formulario de derecho de exclusión