regreso á caverna reportaxe R A espeleoloxía non é un deporte de competición, nin tan sequera un dos máis practicados no mundo. Aínda así, hai un grupo de galegos que cada fin de semana se desprazan pola nosa xeografía explorando simas e covas, emulando ós heroes de Viaxe ó centro da Terra, de Verne.
Ignacio Rafael Ramos entrevista R Ten pouco máis de trinta anos, gaña a vida como bombeiro en Ourense e é, sobre todo, un aventureiro. En abril este espeleólogo estará en México, na súa segunda incursión á procura dunha marca de profundidade: -2000 metros. As covas non teñen segredos para el.