son voluntario reportaxe R O 5 de decembro celébrase o Día Internacional do Voluntariado. En Galicia estímase que unhas 22.000 persoas colaboran con algunha entidade solidaria sen ánimo de lucro. A maioría son mulleres con estudos universitarios e menores de 30 anos. Participan en programas de inclusión social, protección do menor, apoio á terceira idade..., así como en campañas puntuais.
Carmen Colmeiro Rojo entrevista R Leva toda unha vida dedicada ós demais. A Condesa de Pardo Bazán chegou á presidencia de Cruz Vermella fai seis anos, aínda que a súa relación coa casa viña de moi atrás: en total, máis de 35 anos de colaboración cunha das ONG máis importantes do mundo.