ollo co que comes reportaxe R As estatísticas fálannos: o 25% dos nenos galegos teñen exceso de peso ou obesidade. Os médicos advírtennos: a obesidade leva aparellados trastornos cardiovasculares e diabete, entorpece a mobilidade e dificulta as relacións co noso contorno. A ecuación un neno gordo igual a un neno feliz non se axusta á realidade.
Felipe Casanueva entrevista Divide o tempo entre as súas tres vocacións: a investigación clínica, a docencia na Facultade de Medicina e a atención ós seus pacientes, dirixindo a Unidade de desordes alimenticias do Hospital Clínico Universitario de Santiago. É o primeiro galego que obtivo o Premio Jaime I de Investigación que concede a Fundación Valenciana de Estudios Avanzados.